Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Inscriscións para participar nas xornadas contra a violencia de xénero en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

O Centro de Información á Muller de Nigrán organiza as xornadas "Adolescencia, violencia e novas tecnoloxías", no marco do Día Internacional para a Erradicación da Vilencia de Xénero". As mesmas terán lugar no salón de actos os días 5 e 6 de novembro.
Para asistir é preciso inscribirse, ata o día 4, no Centro de Información á Muller (CIM) de forma presencial, mediante unha chamada telefónica ao 986 383081 ou un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou tamén a través da páxina web municipal www.nigran.org.

O PP apraza a suspensión das sancións das pensións dos emigrantes retornados

Correo-e Imprimir PDF

Protesta dos colectivos de emigrantes en Santiago de Compostela | Imaxe @obloqueO Partido Popular deulle as costas aos emigrantes retornados onte no parlamento ao rexeitar un cambio legal para modificar a lei do IRPF para favorecer a este colectivo.

Manolo Domínguez, portavoz do colectivo  "Están facendo caixa coas nosas pensións para tapar un burato que nós non provocamos"

Os populares din que estes cambios xa os está a facer o Goberno español.

 

 

UNICEF - A economía das familias españolas retrocede a niveis de hai 10 anos.

Correo-e Imprimir PDF

Espana é xa o terceiro pais con maiores índices pobreza infantil | Imaxe Pirozzi UNICEF- UNICEF alerta no seu último informe que un 27,5% dos nenos e nenas viven en situación de risco de pobreza.

- Os ingresos das familais españolas quedan mesmo por derás dos de Grecia segundo o informe presentado.

- A recesión económica vai ligado a un problema de descenso da natalidade, o que a largo prazo acuciará o problema demográfico que actualmente presenta Galicia cunha poboación cada vez máis envellecida e onde 250.000 mozos e mozas foron abandoron o país na procura dun futuro.

A formación nacionalista de ANOVA divídese

Correo-e Imprimir PDF

A maioría dos militantes de Cerna, o colectivo crítico xurdido en Anova, logo das diferencias internas xurdidas na formación, acaba de decidir abandonar o partido que lidera Xosé Manuel Beiras e constituír unha nova formación.

Votación sobre as europeas en ANOVA / ANOVA Valmiñor en twitterA decisión de deixar Anova foi refrendada polo 75% dos 200 militantes que tomaron parte nesta votación virtual. Sen embargo, esa porcentaxe baixou ao 63% no referido a constituír un partido político.

A seita católica de Oia, investigada por supostas condutas sexuais, segue activa

Correo-e Imprimir PDF

Olalla Oliveros, segunda pola esquerda, co atuendo de Orden y Mandato de San Miguel Arcángel non só foi investigada polo bispado pola suposta desviación da "conduta moral" do seu fundador. Tamén a Guardia Civil investiga esta seita católica ao fío de varias denuncias, segundo informa Alejandro Martínez na Voz.

As forzas de seguridade terían sobre a mesa varias denuncias tanto sobre aspectos sexuais - El Mundo relatou o luns o suposto uso de elementos da misa durante encontros sexuais dos seus membros- como de índole económica.  

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL