Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

VIDEO | Espectacular accidente na Gran Vía de Vigo deixa oito feridos leves.

Correo-e Imprimir PDF

accidente-gran-via"Arestora temos o medo no corpo" sinala unha testemuña do espectacular accidente que tivo lugar este luns sobre as 11 horas da mañá na Gran Vía de Vigo.

Un autobús da empresa Monbús que transitaba cara a Praza América con cincuenta pasaxeiros comezou empurrar colectores, mobiliario urbán, xardineiras, árbores e vehículos aparcados provocando o pánico dos viandantes.

O conductor do autorcar, de 49 anos de idade, sufriu un desmaio e perdeu a consciencia por causas ainda descoñecidas. 

 

A desfeita rematou á altura do cruce coa Rúa del Carmen e deixou oito feridos, aínda que leves, e o peche da estrada por varias horas.

Estudantes de Gondomar elaboran un manifesto en repulsa contra a vilencia de xénero.

Correo-e Imprimir PDF

violencia-genero14Mañá día 25 de novembro con motivo do día internacional contra a violencia de xénero, os alumnos de 3º e 4º da ESO dos IES Auga da Laxe e Terra de Turonio de Gondomar, repartirán carteis e trípticos polos diferentes comercios da localidade, así como á poboación en xeral, a partir das 10.30 horas como parte dunha campaña de sensibilización sobre a violencia de xénero desenvolvida polos propios alumnos a través dun programa coordinado co Concello de Gondomar, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade. A partir das 12 horas os estudantes lerán un manifesto fronte ao concello onde terá lugar unha concentración en repulsa a violencia de xénero con dous minutos de silencio.

Detido cando transportaban case 4 kg de heroína dende o sur de Galicia cara a Madrid.

Correo-e Imprimir PDF

heroina-policia-nacionalA Policía Nacional comunica a detención dun varón de trinta e nove anos de idade, de nacionalidade española e con domicilio na cidade de Pontevedra, quen transportaba 3 quilos e 675 gramos de heroína, cun valor estimado por riba do medio millón de euros .

A investigación iniciouse ao detectar a presenza en Vigo de persoas relacionadas cun grupo organizado que se dedicaba á distribución de sustancias estupefacientes por varios puntos da xeografía nacional.

Os axentes centraron os seus esforzos sobre este varón, xa que no pasado estivera implicado en feitos similares con outras organizacións, polo que estableceron un operativo coa finalidade de interceptalo cando procedese a transportar a droga.

Rifa solidaria para apoiar a asociación de persoas con discapacidade do Val Miñor, Encaixamos.

Correo-e Imprimir PDF

1470098 839876522731002 1061970261608128645 nEncaixamos, a asociación das persoas con discapacidade do Val Miñor bota andar unha rifa solidaria destinada a financiar os gastos de funcionamento. Ofrecen unha xeitosa cesta de Nadal como premio a sortear coa vindeira Lotería de Nadal 2014 do 22 de decembro. Os números están dispoñibles en YAJOMA Panadería-Cafetaría (Sabarís), Farmacia Sabarís, Clube de Bolos Medialdea-Portameán, Antoxos (Sabarís), IES Ricardo Mella (Vigo) e cada uns dos membros da Asociación.

VIDEO | Desarticulan banda armada galego-portuguesa que elaboraba e distribuía augardente sen control sanitario nin fiscal.

Correo-e Imprimir PDF

armas-e-cartos

A Policía Nacional e a Garda Nacional Republicana (GNR) de Portugal, desarticularon unha banda que destilaba e vendía augardente ilegal. 

Na operación incautáronse 65.000 litros de alcohol etílico, 350.000 euros en efectivo, 12 pistolas, 4 fusís CETME, 3 escopetas, 2 pistolas detonadoras, 1 pistola eléctrica, 1 granada e 21 vehículos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL