Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Con petiscos a 1.50 e 3 € a hostalería de #Nigrán convida a unha semana de tapas e premios.

Correo-e Imprimir PDF

tpasepinchosDezaoito establecementos do concello de Nigrán participan deste evento onde concursarán pola mellor elaboración de tapas e premiarán aos seus consumidores. Todo dende o venres 22 até o domingo 31 de maio.

Arrinca a segunda edición do Concurso Gastronómico Bocados 2015, organizado pola Asociación de Empresarios do Val Miñor OVALMI e o Concello de Nigrán. O concurso, que se desenvolverá entre o 22 e o 31 de maio, congrega na súa segunda edición a 18 establecementos participantes, que deberán ofrecer no período mencionado dous bocados ou tapas, unha por valor de 1,50 euros e outra por valor de 3 euros, con total independencia da consumición de calquera outra bebida ou produto.

A operación quilo do Banco de Alimentos acada 8.600 quilos de comida.

Correo-e Imprimir PDF

voluntarios-en-CarrefourMarketdeSabarísA Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo recolleu este fin de semana preto de 8.600 quilos de comida non perecedera procedentes das iniciativas solidarias desenvolvidas en 6 supermercados de Vigo, Pontevedra, Sanxenxo, Moaña e Baiona, segundo
un primeiro cómputo realizado hoxe, luns por persoal da entidade.

Nova operación quilo en Baiona en solidariedade co Banco de Alimentos de Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

O Banco de Alimentos de Vigo mobilizará este fin de semana a preto dun centenar de voluntarios para 5 "operacións quilo"en supermercados de Vigo, Pontevedra, Baiona, Moaña e Sanxenxo. A súa labor será facilitar a recolleita de comida non perecedera. A fin desta actividade que reclama a solidariedade da poboación é a "recuperación de stock da ONG", sinalan dende esta organización que procurar seguir adiante coa súa actividade social.

O Ceip Belesar procura gañar unha votación popular en Internet a prol do seu proxecto de patrimonio.

Correo-e Imprimir PDF

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Belesar de Baiona, participa coma único representante galego nun concurso español sobre o Patrimonio de cada Comunidade. O seu proxecto sobre o camiño portugués da costa está a competir con outros de todo o Estado. O resultado final dirímese nas redes, pois o máis votado conseguirá 5 mil euros para asistir a unha viaxe didáctica a algúns dos monumentos ou lugares declarados Patrimonio da Humanidade pòla UNESCO. A dirección do colexio solicita o apoio dos veciños do Val Miñor votando a prol deste traballo na seguinte ligazón: http://reaj.com/patrimoniocolegios.html

Peitieiros organiza unha xornada de voluntariado a prol da recuperación do monte autóctono.

Correo-e Imprimir PDF

550px-brivons

A Comunidade de Montes de Peitieiros convida a toda a veciñanza e comuneiros á plantación de castiñeiros que terá lugar o sábado día 28 a partir das 10 h da mañá. O punto de encontro será na área de recreo do Lombo do Roxás. Cos participantes constituirase as "BRIVONS", brigadas de voluntarios por un día, no que será a terceira edición consecutiva de plantación de pés de frondosa nesta zona.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL