Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

O chef Manuel Mateos, do Restaurante Rocamar, aspira ao título de “Cociñeiro do Ano”

Correo-e Imprimir PDF

Carlos-Manuel-Mateo- Escollido entre setenta profesionais de cociña do norte de España, intentará facerse un oco na final xunto a outros sete participantes, o 17 de xuño en Bilbao
- Jordi Cruz, galardonado con dúas estrelas Michelin, foi o primeiro ganador deste certamen, apadriñaado por Berasategui e que este ano cumpre a súa sexta edición

Onde están os limites do humor? #Nethinking5 #EsteEsZapata

Correo-e Imprimir PDF

Alberto Casado, Manuel de Lorenzo e Rober BodegasInternet é un tesouro de inxenio. O humor pode atopar a súa máxima expresión nun medio tan inmediato. Como se canaliza o humor en internet? Onde están los límites? Como afecta ao humor en rede o políticamente correcto? Empezamos a encasillarnos nos nosos papeis e no noso estatus virtual?

Estas foron as cuestións iniciais do panel de debate que tivo lugar o pasado mes de maio na Illa de San Simón dentro do encontro anual Nethinking sobre redes e información.

4332 estudantes enfróntanse ao último chanzo antes da universidade: as probas da selectividade.

Correo-e Imprimir PDF

selectividadecuviRemataron o bacharelato e ducias de estudantes do Val Miñor viviron non sen nervios as primeiras probas da selectividade que nos tres campus universitarios desenvolveranse até o vindeiro venres. Segundo fontes universitarias hoxe no campus non era un día normal, "notábase dende primeira hora da mañá cunha maior afluencia de coches e autobuses, que achegaban aos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra aos 4332 estudantes de secundaria que esta semana se enfrontan á que é unha das probas académicas máis determinantes da súa vida: a selectividade".

Convócase ao voluntariado ambiental para unha nova xornada de limpeza do lixo mariño nas praias galegas.

Correo-e Imprimir PDF

maresdenuncia"O lixo mariño é un dos graves problemas ambientais aos que se enfronta o planeta", sinalan dende á Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (ADEGA), entidade que por 4º ano consecutivo organiza a limpeza simultánea de praias. A limpeza poderán celebrarse os días 5, 6 e 7 de xuño coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Océanos, o que para esta organización representa un "día de reivindicación e voluntariado ambiental". No Val Miñor inda non están definidos os lugares e a data da xornada, segundo puido saber este medio de fontes do voluntariado mariño.

Encaixamos: “A colaboración cidadán moitas veces ten que suplir ao Estado para ter unha vida digna”. #ValMiñor

Correo-e Imprimir PDF

encaixamos desireeTras unha xornada marcada pola solidariedade veciñal coa deportista Desirée Vila, Ana Gameiro, presidenta de Encaixamos Val Miñor, lamentou que "moitas veces as persoas con discapacidade vense ante situacións moi complicadas, nas que teñen que recorrer á colaboración cidadá, para suplir ao Estado para poder ter unha vida digna."

A activista polos dereitos das persoas con discapacidade, expresou o seu agradecemento en nome de Encaixamos aos veciños que achegáronse á merenda solidaria celebrada o domingo pasado na praza de abastos de Sabarís. Tamén aos voluntarios que colaboraron na montaxe do evento, aos que colaboraron cunha actuación musical, Roberto Caco e o grupo de gaitas e treboada Airiños Novos de Pinzás.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL