Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Incautan laboratorio para elaboración e tráfico de cocaína no sur de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

droga-incautadaNun golpe á rede de narcotráfico local, a Policía Nacional desmantela unha organización dedicada ao trafico de drogas na zona sur de Galicia e intervén un depósito de case tres quilos de cocaína e 500 gramos de haxix. O valor da droga intervida superaría os catrocentos dez mil euros no mercado ilícito, segundo o parte policial. Sinálase que a colaboración cidadá foi clave para localizar un laboratorio de corte e distribución da droga montado nos baixos dun edificio vigués. Hai dúas persoas detidas.

Entra en vigor a 'Lei Mordaza': Organizar protestas online e en redes sociais pasará a estar perseguido .

Correo-e Imprimir PDF

libertad-de-expresiónA partir das doce horas desta noite entra en vigor a nova Lei de Seguridade Cidadá, a coñecida como Lei Mordaza. A norma foi aprobada hai meses no Congreso cos únicos votos favorables do PP e o rexeitamento xeral dos movementos sociais e das forzas da oposición, que se comprometeron a retirala na vindeira lexislatura e que presentaron un recurso de inconstitucionalidade. A pesar de que o Goberno suavizou algunhas das súas disposicións, a lei traerá maiores restricións para as protestas cidadáns e suporá aplicar penas máis graves para quen vulnere as -agora máis estritas- disposicións de uso do espazo público, agora máis estritas.

O 10% de persoas tituladas entre 2005 e 2010 na Universidade de Vigo traballan fóra de España

Correo-e Imprimir PDF

mapa-egresados-cuvi

O feito foi constatado por un equipo liderado polo ex-reitor, Luis Espada, que desenvolveu unha investigación na que participaron 3000 titulados e tituladas que remataron a súa carreira entre 2005 e 2010. O estudo amosa tamén que as persoas tituladas residentes en Galicia sofren os máis altos índices de desemprego e presentan unha menor proporción de traballadores/as autónomos e de empresarios/as. O desemprego afecta ao 17,9% das persoas inquiridas, oscilando por ámbitos académicos entre o 24,0% dos titulados/as nas ciencias da saúde ao 12% do tecnolóxico. O desemprego feminino (20,9%) supera ao masculino (13,3%) e o tempo medio de procura de emprego é de 13,89 meses. Con respecto ás características do emprego, o 54,3% recoñece ter un contrato de duración indefinida, o 17,9% un contrato de duración definida (temporal) e un 10,5% por obra ou servizo.

A Policía desarticula un grupo con base na área de Vigo que atracaba en vivendas de toda España.

Correo-e Imprimir PDF

Foto-1-atracoSerá recordada como a "banda das perrucas". As utilizaban para camuflaxes nos roubos por todo o Estado. No desenvolvemento das pescudas os axentes observaron que os autores destes delitos residían en Vigo, cidade desde onde se desprazaron para preparar e cometer o roubo en Xixón. Hai 7 detidos, un deles en Madrid, catro en Málaga e dous en Vigo.
Axentes da Policía Nacional desarticularon un grupo especializado en atracos e roubos en vivendas habitadas. Na operación hai sete detidos un deles en Madrid, catro en Málaga e dous en Vigo. Segundo o informe policial, os detidos planificaban os seus futuros obxectivos realizando estudos previos dos lugares de interese e utilizaban disfraces como perrucas, lentes, luvas, caretas ou pasamontañas, ademais de sofisticados dispositivos tecnolóxicos para actuar sen ser detectados. Nunha ocasión, un dos asaltantes fíxose pasar por un repartidor de flores para enganar a unha muller e acceder á súa vivenda en Marbella, de onde os detidos leváronse un botín de 90.000 euros. Nos rexistros realizados recuperáronse xoias, diñeiro, teléfonos móbiles, ademais de armas simuladas, inhibidores de frecuencia, dispositivos informáticos, ferramentas para forzar cerraduras, sistemas ultrasonidos para cans, walkie-talkies e elementos para ocultar a identidade.

A atención ás vítimas de violencia de xénero reunirá a cualificados profesionais do eido en #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

violencia-genero14En Galicia existe unha media anual de 5 mil denuncias de abusos ou violencia motivada en cuestións de xénero ou sexo, segundo da conta o Instituto de Muller, dependente do Ministerio de Sanidade. Neste contexto, o programa estatal Irene ven desenvolvendo diversas actividades na procura de combater este grave problema social. Neste senso o vindeiro xoves 25 de xuño nas instalacións do Hotel Bahía en horario de 16:10h a 20:30h terá lugar unha xornada dirixida especificamente a profesionais de diferentes ámbitos (sanidade, xurídico, social e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado) con vinculación directa na atención a adolescentes, mozos e mozas vítimas de violencia sexual e de xénero.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL