Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

A Asociación Avelaíña foi declarada Institución de Utilidade Pública pola Xunta de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF

nenos_AvelaiaA Asociación Avelaíña de axuda a persoas con problemas de saúde mental foi declarada de Utilidade Pública pola Xunta de Galicia. A declaración é un recoñecemento á labor desta entidade sen ánimo de lucro. Os beneficios fiscais derivados desta declaración serán importantes, facéndoos extensibles a aqueles que apoien á asociación economicamente, en materia de bonificacións e doazóns, que poderán ser desgravas no Imposto da Renda das Persoas Físicas. En concreto, os socios poden incluír as cotas pagadas á asociación Avelaíña, no apartado de doazóns e desgravar un 25% das cotas.

Saúdos da Editorial KALANDRAKA aos lectores de Valminor.info

Correo-e Imprimir PDF
tarxeta_kalandrakaA Editorial KALANDRAKA achega un saúdo afectuoso cos mellores desexos para o Aninovo aos lectores de Valminor.info.

Este Nadal nin un neno sen sorriso: Baiona impulsa o deporte solidario.

Correo-e Imprimir PDF

Deporte Solidario BaionaO Concello de Baiona recolleu a inquietude de diversas entidades, clubs, monitores e deportistas sobre a necesidade de atender aos máis necesitados e quere consolidar a data do 23 de decembro como o Día do Deporte Solidario na vila. Nesta segunda edición das Xornadas de Multideporte, baixo o lema “Este Nadal nin un neno sen sorriso”, está previsto que os escolares de entre 5 e 12 anos gocen dunha xornada multideportiva nas dependencias municipais, e os maiores de 12 anos poderán participar nunha marcha solidaria que cubrirá o traxecto comprendido entre Baiona e a Foz, e viceversa.

Desexos de Feliz Nadal e Ano Novo dende Uruguai.

Correo-e Imprimir PDF

tarjeta-navidadA Unión Hijos de Morgadanes achega os seus saúdos dende Uruguai a tódolos miñoráns e especialmente a parroquia de Morgadáns, onde ten as súas raíces. Fundada a inicios do século XX en Montevideo, esta organización abeirou aos fillos de Galicia que ían arribando ao Río de la Plata e ao mesmo tempo iniciou múltiples campañas de solidariedade nos duros tempos do país.

A OMIX anima aos mozos de Gondomar a participar no programa “Invernízate con Nós”

Correo-e Imprimir PDF

banner_invernizateA Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Gondomar (OMIX) informa á xente nova de Gondomar que xa está aberto o prazo de inscrición para o programa “Invernízate con Nós”, unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL