Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

O 112 SOS Galicia estará as 24h dispoñible para avisar da presenza de animais mariños varados.

Correo-e Imprimir PDF
4428 animais mairños varados contabiliza a CEMMA dende 1990 nas costas galegas.

As costas de Galicia atópanse en plena tempada de chegada de varamentos de animais mariños. Por iso a Coordinadora para o Estudo dos Mamífero Mariños (CEMMA) fai un chamado á poboación para que comunique a presenza de calquera especie mariña viva varada nas praias. A organización fai fincapé nos lobos mariños e arroaces que poden acercarse á costa. O teléfono de emerxencias 112 SOS Galicia está dispoñible as 24 horas para dar aviso e a chamada é totalmente gratuíta.

Apertura das inscricións para os cursos 2011 da Terceira Idade no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
Participantes dos obradoiros na Ramallosa

O próximo luns 17 de xaneiro comezan as inscricións para os talleres dirixidos a persoas maiores de 60 anos e empadroadas no concello de Nigrán. A Concellería de Asuntos Socias, dirixida por Juan González, informa que como en anos anteriores os cursos se impartirán no Centro da Terceira Idade da Ramallosa. A data de comezo será o vindeiro 1 de febreiro e rematará en decembro de 2011 e o costo para o usuarios é de 0,50€/hora, as inscricións se poderán realizar no Concello de Nigrán de 9 a 14 horas e o prazo límite de anotación será o 28 de xaneiro.

Chamado ás familias miñoranas para acoller nenos saharauís durante o verán 2011.

Correo-e Imprimir PDF

sahara_0006A organización Solidariedade Galega co pobo Saharauí fai un chamado a familias do Val Miñor interesadas en acoller a nenas e nenos do Sahara. Como tódolos anos uns 500 rapaces de entre 7 e 12 anos chegarán a Galicia para compartir coas familias de acollida os meses de xullo e agosto. As persoas interesadas deben comunicarse coa delegación da organización no Val Miñor a través dos teléfonos 986369189 ou 679308833. Vacacións en Paz 2001 conta co apoio do Goberno de España, varias deputacións provinciais, a Xunta de Galicia, e no Val Miñor os concellos de Gondomar e Nigrán.

Cabalgatas de Reis: O día dos nenos do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

reis-nigran-3Os Reis Magos e as rondallas brindaron alegría e color á bisbarra miñorana nunha tarde onde a choiva non minguou a ilusión de centos de nenas e nenos que se achegaron as tradicionais cabalgatas de Reis organizada polos concellos de Gondomar e Nigrán. Os queridos Magos de Oriente tiveron que modificar parte dos itinerarios polo estado do tempo, pero todos se apañaron para non faltar a festa.

Prado Surf Escola fixo surf con Papá Noel.

Correo-e Imprimir PDF

surfA Xornada de Surf de Nadal en Nigrán congregou a máis de cincuenta asistentes nun dia frío pero con boas ondas segundo os organizadores do  Prado Surf Escola.  O evento celebrouse o pasado 23 de decembro, e como é tradicional os surfistas practicaron o seu deporte disfrazados de Papá Noel. Ao finalizar un chocolate quente e mais uns pinchos e doces típicos remataron a xornada.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL