Con un prezo de 4 millóns de euros sae á venta un dos pazos históricos do Val Miñor.

Imprimir
pazo vilares sillones

A oferta salienta a súa orixe nobre, fogar da liñaxe dos Arines Troncoso y Sotomayor e posteriormente doutras familias poderosas de Galicia. Construído en 1725 esta peza arquitectónica se anuncia como "ben conservada", nos seus máis de 800m² construídos en dúas plantas, con 200m² máis de edificacións auxiliares e situada nunha finca de 10 hectáreas. Trátase do histórico pazo de Vilarés, localizado no lugar do mesmo nome da parroquia de Vilaza, no concello de Gondomar.

Nos últimos anos foi reconvertido como lugar de festas e celebracións privadas. Dende a semana pasada está a venda por un valor de catro millóns de euros. A cargo da inmobiliaria viguesa RE/MAX Balaídos, a venta do pazo súmase á lista de bens históricos miñoranos que nos últimos anos ingresaron ao mercado inmobiliario.

Segundo datos facilitados pola empresa que xestiona a venta do pazo de Vilarés, a finca conta cun hórreo tradicional de granito, un pombal, un cruceiro e unha piscina.

Edificio principal
Segundo infórmase na oferta, a distribución do edificio é a tradicional nesta zona con planta en forma de U, en tres ás: unha é o corpo central e as dúas laterais adiantadas respecto da central, que conforman ao Norte un patio central con impoñente balconada de columnatas e balaústres en granito sobre potentes ménsulas cunha gran escalinata que dá acceso á planta alta. A parte baixa resólvese cun espectacular arco carpanel que alixeira con máxima luz o acceso á casa. A fachada Sur, a máis singular, ábrese á leira e val con grandes arcos en planta baixa e unha solana con balústres en granito e remate superior almenado, na planta alta. No lado de poñente atópase o arranque dunha torre. No seu interior sorpréndenos con grandes estancias, teitos altos con vigas de madeira e magníficos arcos de pedra.

Engade que na planta baixa atópanse unha gran cociña con lareira e comedor anexo, un elegante salón con cheminea, un aseo e outras dependencias auxiliares. En planta alta dispón doutro salón e sete habitacións ben iluminadas, tres baños e un aseo. Todos eles ofrecen marabillosas vistas á leira e ao val. Tres destas habitacións son de grandes dimensións e iluminadas por amplas ventás. Conta cunha leira dunhas 10 hectáreas de bosque e labrado onde se poden atopar centenarias sobreiras e centos de nogueiras "que garanten a tranquilidade e o illamento da casa de calquera ruído ou presenza molesta".