Domingo, 15 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Incautan plantas de marihuana nunha leira da Rúa Mariñeiro en Panxón.

Incautan plantas de marihuana nunha leira da Rúa Mariñeiro en Panxón.

Correo-e Imprimir PDF
fotos de comiso

A Policía Local de Nigrán comunica a incautación de cinco plantas de marihuana nunha leira situada en rúa Mariñeiro (Panxón).

Aseguran que ditas plantas eran "perfectamente visibles desde a vía pública" e, ao observalo, os axentes procederon ao seu decomiso ao constituír unha infracción administrativa, á vez que remitiron a denuncia á Subdelegación de Goberno en Pontevedra.

Sinalan que o propietario identificado (D.S.L.) de 19 anos ten o domicilio familiar en devandita vivenda.

Tralo operativo desenvolvido onte, as plantas atópanse no almacén do depósito municipal envoltas nunha bolsa plástica á espera de ser remitidas a Sanidade Exterior para realizar as correspondentes probas e análises.