Estafador con varias ordes de captura detido pola Garda Civil na provincia de Pontevedra.

Imprimir
estafas por internet

A Garda Civil detivo onte en Ponteareas a unha persoa cunha decena de ordes xudiciais de procura e detención.

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Tui detivo onte en Ponteareas a J.M.S.E., de 32 anos de idade, con último natural de A Rioxa e con último domicilio coñecido nesta localidade pontevedresa, sobre o que recaían máis dunha decena de ordes xudiciais para a súa localización e detención.

Esta persoa, cun amplo historial delituoso no seu haber, fundamentalmente por delitos contra a propiedade e especialmente estafas por internet, figuraba reclamado por sete xulgados de distintas localidades de España: Móstoles (Madrid), Valladolid, Burgos, Castellón de la Plana, Logroño, Donostia (S.Sebastián) e Azpeitia (Guipuzcoa). Todos estes xulgados interesaban a súa procura e detención.

Outros catro xulgados de: Granada, Torrevieja (Alacante), Donostia (S.Sebastián) e Baracaldo (Vizcaya) xa solicitaran ás forzas e corpos de seguridade do Estado a pescuda do seu actual domicilio.

O detido foi posto onte a disposición do Xulgado de Instrución nº 2 de Ponteareas que decretou o seu ingreso en prisión.