Domingo, 15 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Sociedade Un temporal de choiva de nivel laranxa afectará este martes á provincia de Pontevedra.

Un temporal de choiva de nivel laranxa afectará este martes á provincia de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF
meteogaliza martes

A Xunta alerta dun temporal por choiva de nivel laranxa que afectará a partir de mañá as provincias da Coruña e Pontevedra.

"Ventos fortes de compoñente sur e chuvias intensas na metade sur" é a predición meteorolóxica para este martes.

O paso do centro dunha borrasca sobre Galicia deixará unha xornada de martes marcada polos ventos fortes de compoñente sur en todo o litoral e zonas altas e precipitacións cuantiosas na franxa atlántica.

Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), a partir das 8.00 horas de mañá, martes, espéranse unhas precipitacións acumuladas de 80 mm. en 12 h. na provincia de Pontevedra e na zona oeste e suroeste da Coruña.

Os concellos máis afectados xa recibiron informes de situación da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia. Tamén foron advertidos os servizos de bombeiros e Protección Civil entre outros, sinalan.

A Xunta lembra á poboación a importancia de seguir as medidas de protección pertinentes, e aconséllase consultar a páxina web do CAE 112 (www.112galicia.orgnova venta), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.