Ingresa a prisión un presunto pederasta tras ser detido en Nigrán.

Imprimir
coche Guardia Civil

O arresto produciuse onte pola tarde no municipio de Nigrán. O detido, veciño Mondariz-Balneario , é considerado o suposto autor de agresión sexual a menores en Nigrán, Ponteareas e Mondaríz Balneario.

Tralo arresto foi trasladado no día de hoxe ao Xulgado Número Tres de Ponteareas, instrutor do caso, quen decretou o seu ingreso en prisión. Ao home impútanselle ademais os delitos de detención ilegal e lesións

A Garda Civil comunicou a detención dunun veciño de Mondariz-Balneario como presunto autor de delitos de agresión sexual, detención ilegal e lesións relacionados con, polo menos tres denuncias, presentadas por menores de idade en distintos municipios do sur da provincia de Pontevedra. A investigación que posibilitou identificar, localizar e arrestar a A.V.G., de 45 anos de idade, foi levada a cabo polo Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Tui.

Esta detención culmina tras medio ano de traballo que arrincaron a raíz da denuncia presentada pola familia dunha menor de Ponteareas. A colaboración dos afectados e as súas respectivas denuncias posibilitaron avanzar no arresto e conseguinte esclarecemento dos feitos, sinala un comunicado oficial.

As súas declaracións axudaron a vincular as circunstancias similares dos feitos aínda que, para poder resolver a investigación, houbo que verificar uns 25.000 vehículos da marca e modelo que se viu en cada escenario ademais das demais probas, análises, entrevistas e toma de declaracións que a Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra practicou ao longo dos últimos seis meses.

Os feitos denunciados e aos que se vincula ao arrestado ata a data, ocorreron entre as datas do 21 de febreiro e o 25 de xullo, nas localidades de Ponteareas, Mondariz-Balneario e Nigrán.

Sinalan que "nalgún dos casos, a vítima tivo que ser hospitalizada varios días polas graves lesións que lle produciu a súa agresor. A templanza, valor e decisión de todas as menores foron decisivas para a súa propia seguridade e a doutras posibles vítimas".

O arresto produciuse onte pola tarde no municipio de Nigrán. O detido, xunto ás demais probas, foi trasladado no día de hoxe ao Xulgado Número Tres de Ponteareas, instrutor do caso, quen decretou o seu ingreso en prisión.