Sábado, 28 Jan. 2023

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Nus nos areais de Canas

Nus nos areais de Canas

Correo-e Imprimir PDF
canas nus

O convite é agruparse espidos nos areais de Canas , no limiar con Patos, despois das 5 da tarde. Exercer o dereito a estar nus nun espazo público sen ser molestados por quen non adoita tal costume. O pasado mércores fíxose a primeira chamada e captaron non só a atención dos medios e curiosos. Alguén chamou á policía local de Nigrán. Apostados no lugar os axentes observaron a situación máis entenderon que alí non se estaba a cometer ningún delito. O nudismo non está lexislado en Galicia. Levan xa catro días concorrendo e de momento sinalan que todo se desenvolve "con total normalidade".

"Non hai erotismo algún, ao contrario, é natural e diminúe o morbo que espertan os traxes feitos para seducir", defende unha veciña da bisbarra que concorre dende o primeiro día. Sen embargo non falla voces críticas á práctica. "Si esto continúa tendremos que irnos porque no es una situación cómoda para ninguno", sinalaba un bañista recentemente a La Voz de Galicia.

"Podedes esquecer o bañador pero lembrádevos de traer bo rollo", ironiza un dos organizadores da quedada nas redes. No manifesto de convocatoria subliñan o feito que non procuran ningunha lexislación especial que contemple a práctica. Simplemente reclaman como veciños do Val Miñor acadar o que noutras partes da provincia, que a práctica do nudismo ou naturalismo sexa unha experiencia cotiá. A estabilidade da convivencia poñerá a proba se é certo iso de que os tempos están cambiando.