Encaixamos procura un transporte público acondicionado para persoas con discapacidade no Val Miñor.

Imprimir
encaixamos port

Baixo o lema "Encaixamos todos", o colectivo miñorano traballa arreo na procura de patrocinadores e axudas que permitan adquirir unha furgoneta acondicionada. A mesma beneficiaría a usuarios da bisbarra cuxa mobilidade hoxe depende só de servizos privados, sinalan membros do colectivo. O problema é importante advirten porque moitas persoas e familias non dispoñen de medios económicos suficientes para pagar todos os desprazamentos.


Neste senso, membros e voluntarios de Encaixamos están ofrecendo diversos produtos no Festival PortAmérica e captando novos socios que permitan acadar o desexado vehículo.