Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A atención ás vítimas de violencia de xénero reunirá a cualificados profesionais do eido en #Baiona.

A atención ás vítimas de violencia de xénero reunirá a cualificados profesionais do eido en #Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
violencia-genero14

En Galicia existe unha media anual de 5 mil denuncias de abusos ou violencia motivada en cuestións de xénero ou sexo, segundo da conta o Instituto de Muller, dependente do Ministerio de Sanidade. Neste contexto, o programa estatal Irene ven desenvolvendo diversas actividades na procura de combater este grave problema social. Neste senso o vindeiro xoves 25 de xuño nas instalacións do Hotel Bahía en horario de 16:10h a 20:30h terá lugar unha xornada dirixida especificamente a profesionais de diferentes ámbitos (sanidade, xurídico, social e Forzas e Corpos de Seguridade do Estado) con vinculación directa na atención a adolescentes, mozos e mozas vítimas de violencia sexual e de xénero.

No marco do programa IRENE, do Instituto da Muller, o seu obxectivo será facilitar un espazo de debate e reflexión de marcado carácter técnico, no que compartir experiencias e inquedanzas no traballo conxunto de profesionais da abordaxe da violencia neste sector da poboación, , favorecendo a interrelación e cooperación entre profesionais de diferentes disciplinas.

Para elo contarase coa participación de Esther Pillado González (Catedrática de Dereito Procesal. Universidade de Vigo) que exporá as respostas xurídicas á violencia de xénero exercida por menores. Cristina Rodríguez Blanco (Traballadora Social do Hospital Materno Infantil "Teresa Herrera") que aportará unha visión socio-sanitaria fronte ao desamparo infantil. Con Gonzalo Sotelo Seguín (Equipo de Investigación Tecnolóxica. Policía Xudicial da Garda Civil) que tratará da violencia sexual no mundo dixital, e; Leticia Gómez Conde (Médico Psiquiatra Infanto-Xuvenil) que abordará o manexo clínico do abuso sexual infanto-xuvenil.

Para asistir é preciso inscribirse previamente a través do enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , ou nos teléfonos 986.377.794 - 986.357.554, ou directamente no Centro Municipal de Información á Muller de Baiona.

Esta xornada supón a culminación no territorio de Baiona do desenvolvemento do Programa IRENE de información, formación e prevención da violencia sexual na mocidade e adolescencia. Programa impulsado polo Instituto da Muller e para a igualdade de oportunidades e cofinanciado polo Fondo Social Europeo no ámbito do Programa Operativo Loita contra a discriminación de programación 2007-2013, e polo Concello de Baiona.
A xornada é a consecución de accións anteriores como a "Xornada sobre agresións sexuais" realizada o 25 de novembro do 2014, ou os talleres impartidos ao profesorado e alumnado do territorio sobre "Prevención da violencia sexual" desenvolvidos no pasado mes de maio.