O chef Manuel Mateos, do Restaurante Rocamar, aspira ao título de “Cociñeiro do Ano”

Imprimir
Carlos-Manuel-Mateo

- Escollido entre setenta profesionais de cociña do norte de España, intentará facerse un oco na final xunto a outros sete participantes, o 17 de xuño en Bilbao
- Jordi Cruz, galardonado con dúas estrelas Michelin, foi o primeiro ganador deste certamen, apadriñaado por Berasategui e que este ano cumpre a súa sexta edición

Carlos Manuel Mateos, un dos profesionais de cociña do Restaurante Rocamar (Baiona) é un dos tres representantes galegos que aspira a converterse en Cociñeiro do Ano. Trátase dun certame apadriñado por Martín Berasategui, en cuxa primeira edición (2006) saíu premiado Jordi Cruz, galardoado con dúas estrelas Michelin, e que este ano cumpre a súa sexta convocatoria.
Logo de ser seleccionado entre outros setenta participantes doutras cinco comunidades autónomas do norte de España (Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra e A Rioxa), Mateos intentará superar a terceira semifinal do concurso, que terá lugar o próximo 17 de xuño na Escola de Hostelería Artxanda de Bilbao.
O xurado, conformado por Martín Berasategui, Jordi Cruz, Pedro Subijana, Álvaro Garrido e Sergio Bastard, escollerá a dous cociñeiros nesta proba, tralas realizadas en Tenerife e Barcelona. En novembro, celebrarase a última semifinal en Madrid e os dous finalistas de cada unha destas catro roldas preliminares competirán un contra o outro na final, no marco da feira de alimentos e bebidas Alimentaria de abril de 2016, en Madrid. Este desafío, dotado con 6.000 euros de premio, supón un gran prestixio e recoñecemento profesional para os participantes.
Unha década de experiencia culinaria
Malia a súa mocidade, 27 anos, Carlos Manuel Mateos ten unha traxectoria culinaria de preto dunha década. Estudou cociña no Centro Integrado de Formación Profesional Carlos Oroza de Pontevedra e estivo nos fogóns de distintos restaurantes, en Mallorca, a illa de Madeira, A Toxa e Moaña. Desde fai cinco anos, traballa na coñica do Rocamar de Baiona.