Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Encaixamos: “A colaboración cidadán moitas veces ten que suplir ao Estado para ter unha vida digna”. #ValMiñor

Encaixamos: “A colaboración cidadán moitas veces ten que suplir ao Estado para ter unha vida digna”. #ValMiñor

Correo-e Imprimir PDF
encaixamos desiree
encaixamos sabaris
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Tras unha xornada marcada pola solidariedade veciñal coa deportista Desirée Vila, Ana Gameiro, presidenta de Encaixamos Val Miñor, lamentou que "moitas veces as persoas con discapacidade vense ante situacións moi complicadas, nas que teñen que recorrer á colaboración cidadá, para suplir ao Estado para poder ter unha vida digna."

A activista polos dereitos das persoas con discapacidade, expresou o seu agradecemento en nome de Encaixamos aos veciños que achegáronse á merenda solidaria celebrada o domingo pasado na praza de abastos de Sabarís. Tamén aos voluntarios que colaboraron na montaxe do evento, aos que colaboraron cunha actuación musical, Roberto Caco e o grupo de gaitas e treboada Airiños Novos de Pinzás.

Ase mesmo fixo fincapé na desinteresada colaboración de empresarios e comerciantes locais que obsequiaron artigos cos que se puideron desenvolver sorteos. Deste xeito, Encaixamos puido colocar o seu gran de area na campaña que percorre todo o país para acadar os 70 mil euros para a próteses que necesita Desirée Vila Bargiela.

Esta nova ximnasta de 16 anos sufriu unha caída adestrando o pasado mes de febreiro e tras unhas complicacións médicas tívoselle que amputar unha perna. O seguro non cobre dita próteses, polo que se iniciou esta campaña que leva por título "Da el paso ... Únete".

Neste senso Ana Gameiro presidenta de Encaixamos manifestou que "a madurez, o carácter loitador, e a personalidade encantadora de Desi son encomiables" e expresou que "oxalá consiga pronto o seu soño, dando o seu primeiro novo paso canto antes!"