Nova operación quilo en Baiona en solidariedade co Banco de Alimentos de Vigo.

Imprimir

O Banco de Alimentos de Vigo mobilizará este fin de semana a preto dun centenar de voluntarios para 5 "operacións quilo"en supermercados de Vigo, Pontevedra, Baiona, Moaña e Sanxenxo. A súa labor será facilitar a recolleita de comida non perecedera. A fin desta actividade que reclama a solidariedade da poboación é a "recuperación de stock da ONG", sinalan dende esta organización que procurar seguir adiante coa súa actividade social.

As operacións quilos desenvolveranse este venres, 8, e sábado, 9, en Pontevedra (Supercor), Baiona (Carrefour Market), Moaña (Carrefour Market) e Sanxenxo (Supercor). En canto a Vigo, a iniciativa solidaria levarase a cabo o domingo, 10, no Supercor da Praza Elíptica.

Comunican que en todos os casos, haberá voluntarios perfectamente identificados e estes recollerán alimentos durante as 3 quendas organizadas. As donaciones de alimentos poderán realizarse ininterrumpidamente no horario comercial de cada centro.

Desde a entidade, faise un chamamento á cidadanía para que, si así o considera, mostren nuevamente a súa solidariedade.

Segundo datos aportados polo Banco de Alimentos de Vigo, creado en 1995, na actualidade axuda a unhas 150 entidades, asociacións e ONGs da provincia, a través das cales, reparte comida a unhas 21.000 persoas. Desde a súa nave, situada en Sárdoma, saen mensualmente entre 60.000 e 70.000 quilos de alimentos ao mes. Durante 2014, a ONG distribuíu máis de 1,3 millóns de quilos de comida na provincia.