Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Peitieiros organiza unha xornada de voluntariado a prol da recuperación do monte autóctono.

Peitieiros organiza unha xornada de voluntariado a prol da recuperación do monte autóctono.

Correo-e Imprimir PDF

550px-brivons

A Comunidade de Montes de Peitieiros convida a toda a veciñanza e comuneiros á plantación de castiñeiros que terá lugar o sábado día 28 a partir das 10 h da mañá. O punto de encontro será na área de recreo do Lombo do Roxás. Cos participantes constituirase as "BRIVONS", brigadas de voluntarios por un día, no que será a terceira edición consecutiva de plantación de pés de frondosa nesta zona.

 

Recuperar o bosque autóctono.brivons-180-px

Explican os organizadores que dende hai anos a CCMM de Peitieiros está promocionando unha substitución de especies na parte baixa do monte Matalagartos, para separar a masa forestal do monte coas parcelas particulares e aumentar a biodiversidade. Nesta liña, sinalan que eliminouse o piñeiro,o eucalipto e a acacia da zona comprendida entre o Lombo do Roxás e o Curro Vello e estase promovendo a repoboación de frondosas, sobre todo castiñeiro.

As actividades de plantación divúlganse tamén coa intención de aumentar a participación de comuneiros e voluntariado. Para iso ten organizada as BRIVONS, "brigadas de voluntarios por un día", que intentarán recuperar o bosque autóctono na zona.


VERDEVAL colaborará na plantación.


A asociación de custodia do territorio VERDEVAL difunde esta actividade e participará na mesma, na liña de colaboración que esta entidade mantén coa Mancomunidade de Montes do Val Miñor coa finalidade de iniciar actividades de custodia con algunhas comunidades de montes nun futuro próximo.

brivons-550px