Detido o líder e fundador da Orde e Mandato de San Miguel de Arcanxo

Imprimir
F. Miguel Rosendo nunha imaxe da páxina da Orden /grupodesanmiguelarcangel.org Miguel Rosendo Dasilva /grupodesamiguelarcangel.org

A Cadena Ser acaba de dar conta da dentención de Miguel Rosendo - lider da seita católica Orden y Mandato de San Miguel Arcángel - por parte da Garda Civil na localidade madrileña de Collado Villalba.

Segundo informan a detención produciuse por sorpresa esta mañá durante unha reunión programada dos membros desta seita católica.

O comunicado feito público onte aos medios de comunicación por parte de decenas de vítimas e familiares, podería ser o detonante que provocarían esta detención. As vítimas relataron casos de graves abusos sexuais, vexacións e coaccións así como delitos relacionados coa facenda.

Familiares das vítimas relataban onte os supostos abusos e ritos satánicos aos que sometía o líder da organización que operaba en Nigrán, Oia, Vigo e O Morrazo.

A noticia saltaba á actualidade fai varias semanas cun escándalo que pillou a moitos veciños do Val Miñor por sorpresa. A orde tiña unha sede no antigo convento dos pais franciscanos de Vilariño (Nigrán). Logo do rebumcio a seita seguía operativa na Serra de Madrid con outro nome, La Voz de Serviam. As vítimas denuncia a colaboración de bispos coa seita.

O escándalo de supostos abusos sexuais na Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, seita católica creada na diocese de Vigo-Tui e xa disolta polo bispado, tomara un novo camiño nos últimos meses. 
Ademais dos detalles dos supostos abusos, o máis relevante era que o seu líder espiritual e fundador, Miguel Rosendo, seguía operando, malia estar investigado xudicialmente polo Xulgado número 1 de Tui e disolta a Orde pola Igrexa. La Voz de Serviam é o novo nome da seita, que mesmo segue a aproveitar a música para facerse un oco nas celebracións cristiás, como detallaban na súa web que ilustraban unha recente actuación nunha cerimonia da Noche de Marcha de la Pastoral Universitaria de Granada.

A Garda Civil continúa agora mesmo rexistrando a casa de Collado Villalba en presenza do detido. Fontes próximas a esta investigación confirmaron á Cadea SER que xa se incautou documentación e unha importante cantidade de diñeiro.

Relacionadas