“Mar de Nigrán” do Centro Juan María de Parada gaña o concurso de comparsas do #Entroido de #Nigrán

Imprimir
mardenigran2

A comparsa do Centro Juan María de Parada, "Mar de Nigrán", foi a gañadora do Concurso de Comparsas del Carnaval 2014, celebrado este domingo en Praia América. As agrupacións "Chinatown" e "O espertar das marionetas", todas elas do concello de Nigrán, obtiveron o segundo e terceiro posto respectivamente. En total, participaron once comparsas que permitiron un desfile de máis de 600 persoas que estiveron acompañadas dunhas 5 mil persoas segundo cálculos do Concello de Nigrán.