Unha unidade móbil da ITV para ciclomotores visitará Nigrán

Imprimir
itv-moto-2

Unha unidade móbil da ITV para ciclomotores desprazarase a Nigrán os próximos días 27 e 28 de febreiro para realizar inspeccións técnicas periódicas de ciclomotores, motocicletas e quads. O dispositivo de inspección técnica instalarase en Campo das Redes, de 9.00 a 13.30 e de 15.15 a 18.00 horas o xoves 27 e de 9.00 a 13.30 horas o venres 28. As persoas interesadas en concertar unha cita poderán realizar a través da páxina Web www.sycitv.com ou no teléfono 902 309 000.