Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Nigrán despide aos nenos saharauís que pasaron o verán na comarca

Nigrán despide aos nenos saharauís que pasaron o verán na comarca

Correo-e Imprimir PDF
despedida-saharauis-nigran

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Benestar Social e Sanidade, María del Carmen Alonso-Macías, despediron hoxe a cinco dos nenos saharauís que gozaron de dous meses de estadía na comarca, grazas á SOGAPS (Solidariedade Galega có Pobo Saharauí).

Cada verán, esta asociación coordina o desprazamento de nenos do Sahara de entre 7 e 12 anos de idade, co triplo obxectivo de afastalos do duro sol do deserto nos meses de verán, darlles cobertura sanitaria grazas a un convenio de colaboración asinado co SERGAS e mellorar a súa alimentación e dotarlles de roupa e calzado.
Un labor a de SOGAPS que é posible grazas á colaboración de moitas familias da comarca, que de forma altruísta e ano tras ano abren as súas portas a estes nenos. Neste sentido, o rexedor municipal fai un chamamento ás familias do municipio e da comarca a colaborar con esta asociación, a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ou entrando na páxina www.sogaps.org.