Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade "Galicia quere información en galego"

"Galicia quere información en galego"

Correo-e Imprimir PDF
Ubaldo Cerqueiro lendo o manifesto de Vitaminas para o galego

 Os 26 medios que participan das "Vitaminas" presentan un manifesto cara o Día das Letras.

"Sabemos tirar os penaltis e non facemos como o Barça e o Madrid" afirmaron os de Terbutalina no festival de Vitaminas para o galego que se celebrou na noite do pasado venres na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela. Ademáis do enerxético "gastro punk" dos de Muros, a xornalista Xiana Arias coordenou un acto no tamén participaron os poetas Gonzalo Hermo, Olalla Cociña e Alicia Fernández.

Manifesto para o Día das Letras

A poesía abriu o lume dun acto no que Ubaldo Cerqueiro (Quepasanacosta) deu leitura ao manifesto que "Vitaminas para o galego" lanza para o vindeiro 17 de maio, Dia das Letras.

No texto faise fincapé na necesidade de medios de comunicación que empreguen o idioma galego se se quere garantir a continuidade e a transmisión interxeneracional da lingua, a contribución máis importante de Galicia á construción da humanidade". Por iso afirman que queren "reforzar os medios de comunicación en galego, coa creación efectiva dun espazo galego de comunicación, como plataforma de defensa da identidade común".

26 medios

Os 26 medios que participan das "Vitaminas" afirman que "Galicia quere información de proximidade en galego, mass media que no século XXI difundan e prestixien o idioma, altofalantes que ensinen a nosa visión do mundo, peten nas conciencias e fagan visible a sensibilidade e a creatividade existente na sociedade galega".

A campaña Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación: Radiofusión, Tempos Novos, Galicia Confidencial, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta. Colaboran ademais Xornal Certo , O Sil.info , Crónica 3 , Radio Nordés , Terra Chá.Xa , Crónicas da Comarca , Surf GZ , Cardenos de Comunicación e Análise ,Lalín e Comarca , Hermes e Atenea , Disquecool , De Luns a Venres , Cabozo.com , Vencello , Cartafol , A nova Peneira , Programa radio Plástico Elástico , Cerne, terra de Melide e Gaceta de Fene.

A iniciativa diríxese a todas as persoas que queren contribuír a que o idioma propio de Galicia adquira un rango social de normalidade. Para logralo, resulta imprescindíbel a existencia dunha pluralidade de medios de comunicación en galego.

Dim lights Embed Embed this video on your site

Dim lights Embed Embed this video on your site

Dim lights Embed Embed this video on your site