A miñorana Mireya Represa Pérez campioa galega infantil de Xadrez.

Imprimir
mireya-breixo-xedrez

A xogadora do Club de Xadrez Laroca de Nigrán, Mireya Represa Pérez, ven de acadar o título de campioa Galega Infantil (sub 14) de Xadrez no campionato de Galicia que desenvolveuse no hotel Scala de Padrón do 18 o 21 de Febreiro do 2012.

 

Mireya ven de acadar o campionato Infantil (para nenos de menos de 14 anos) con tan so 10 anos, feito que engrandece a xesta da xogadora miñorana.

No camiño para acadar o título, tivo que vencer ó actual campión galego sub 12 (Fernando Chao) e pelexar con algún dos mellores xogadores galegos de menos de 14 anos. A tensión foi máxima e somentes na derradeiro rolda conseguiu acadar o título de campioa. Nesta derradeira 8º rolda, vencía o campión coruñés Miguel Recuna tras plantexar una boa refutación na apertura Siciliana Pechada de Miguel.

O podium foi completada pola marinense Paula Garcia e pola viguesa Alba Marcos.

Os éxitos do club de Xadrez Laroca completouse co 5º posto de Breixo Álvarez Dominguez empatado co 3º clasificado. Nesta categoría o podium somente se decidiu tras o empate de Breixo con Luis Segura na derradeira partida da 8ª rolda.

Rematada a comptición o club felicitou aos dous xogadores pola súa dedicación, traballo e loita durante estes 4 días de durísima competición e na súa preparacion previa.

Historial deportivo de Mireya Represa Pérez

Mireya vive coa súa familia en Sabaris (Baiona). Empezou a xogar o xadrez os 6 anos nas actividades extraescolares do seu colexio. No 2008 entra a formar parte do Club de Xadrez Laroca de Nigrán (club que conta nas súas filas con xogadores dos tres concellos do Val Miñor).

No ano 2009 proclamase Campioa Galega en categoría pre-benxamín e 2ª na xeral.

No ano 2010 acada o título de Campioa Galega benxamín, 3ª na xeral e o título de Campioa de España Benxamín.

No ano 2011 vence no Campionato Galego Benxamín (1ª xeral e 1ª feminina) e revalida o título Campioa de España benxamín e 4ª na xeral.

No ano 2012 acaba de vencer con Campionato Femenino Galego Infantil (Sub 14) acadando o 10º posto na clasificación xeral.

Forma parte dos grupos de tecnificación das Federaciones Galega e Española de Xadrez.