Recollida de alimentos para aliviar os campamentos no Sahára atrapados pola guerra de Libia.

Imprimir
sahara

A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí inicia unha campaña de recadación de alimento básicos co obxectivo de achegarllos aos campamentos de refuxiados saharauís que atravesan por unha crítica situación. Segundo informan dende a organización solidaria a guerra en Libia provocou a volta aos campamentos de miles de mozas e mozos acollidos por este país para que estudaran nel. "Isto supón un aumento de bocas que alimentar, cando xa tiñan carencias abondo. Polo que se agravou a situación", advirten.

Aceite, arroz, lentellas, azucre e conservas son alimentos importantes para a dieta nos campamentos e cos que a persoas do Val Miñor poden achegaser aos distintos postos de recepción. Aquelas persoas que desexen colaborar na organización da recollida poden comunicarse con Xosé Enrique Porto, membro da Asociación ao teléfono 986369189.

Os Centros de recollida dos alimentos son os seguintes: IES Auga da Laxe en Gondomar, Escolas Pro Val en Nigrán, CEP Chano Piñeiro en Gondomar, CEP de Peitieiros en Gondomar, IES Terra de Turonio en Gondomar, CPI de Panxón en Nigrán,

Centro Cultural de Chaín en Gondomar, Centro da 3ª Idade en Nigrán, Centro Cultural de Vincios en Gondomar e Café Rañolas en Gondomar.