Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Os nenos do Sáhara mais cerca do Val Miñor grazas á solidariedade dos veciños.

Os nenos do Sáhara mais cerca do Val Miñor grazas á solidariedade dos veciños.

Correo-e Imprimir PDF
A Escola de Danza de Gondomar presentou o seu premiado espectáculo.
Henrique Porto da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.
Grupo musical de alumnos do IES Auga da Laxe (Gondomar)
As teloneiras de Marita
Vista do público no Centro Cultural de Vincios.
Doacións de empresas e veciños para premiar as rifas.
Mostra fotográfica da vida nos campamentos saharahuís, montada no Centro Cultural de Vincios.
  • Anterior
  • 1 of 7
  • Seguinte

Entre rifas, música, tapas, bailes, humor e moita ledicia máis dun centenar de persoas gozaron dunha tarde - noite de lecer e solidariedade no Centro Cultural de Vincios. Alí transcorreu o sábado pasado a cea benéfica para recadar fondos có fin de facer posible como tódolos anos a chegada dos nenos dos campos de refuxiados da República Saharauí ao Val Miñor. Veciños, empresas e artistas xuntaron esforzos para que unha vez máis a campaña "Vacacións en Paz" organizada pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, poida concretarse na bisbarra. Co acadado no evento e máis o tesón das familias acolledoras destes nenos e nenas o obxectivo está máis cerca.

O verán no deserto quenta por enriba dos 50 graos. A posibilidade de que os rapaces do Sáhara poidan estar no Val Miñor ten ademais dun fin cultural relevante para eles e a sociedade miñorana, unha cara humanitaria que compleméntase coa posibilidade dunha revisión médica xa concertada co SERGAS. Artistas da zona como as pandeireteiras "As Teloneiras de Marita", a monologuista Neves (tamén coñecida como Marita), o Cuarteto O Caramuxo, e o Grupo Tradicional Irmandiños brindaron os seus espectáculos de forma desinteresada a prol da causa. Mención especial tivo a presenza dos rapaces do Instituto Auga da Laxe a través de seu creativo grupo musical así como os da moi premiada Escola de Danza Gondomar con quen comezou o espectáculo. A actividade contou co apoio loxístico e humano da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios.