Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade As familias do Val Miñor acolledoras dos nenos do Sáhara invitan a unha cea benéfica.

As familias do Val Miñor acolledoras dos nenos do Sáhara invitan a unha cea benéfica.

Correo-e Imprimir PDF
Familia miñorana cos nenos saharahuís nunha visita ao Sahara.

Como tódolos anos un grupo de familias do Val Miñor prepara a chegada dun continxente de nenos saharauís de cara ao verán. Unha experiencia valiosa tanto para os eles como para os nenos do Val Miñor que terán a posibilidade de compartir xogos e actividades ao longo da varias semanas. Unha empresa solidaria que permite eludir os mais de 50 graos do verán do Sáhara, ter a posibilidade dunha revisión médica por parte do SERGAS, e afastar por uns días aos rapaces da difícil situación pola que atravesan os campamentos de refuxiados. Pero a crise pon obstáculos financeiros que a puxanza destas familias e mais o apoio solidario da Asociación de Veciños de Vincios queren vencer. Para facer posible estas “Vacacións en Paz” a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e mais a A.VV de Veciños Galiñeiro de Vincios (Gondomar) organizan unha cea con espectáculo o vindeiro 9 de abril a partir das 20h só a 15€ por persoa.

Esta cea na que se agarda reunir a 150 persoas, ten por obxecto recadar cartos para que nenas e nonos saharauís poidan acudir coma todos os anos a Galicia a convivir coas familias acolledoras, dentro do devandito programa “Vacacións en paz”. Tanto os grupos que actúan neste espectáculo coma o centro cultural serán cedidos desinteresadamente para este acto sen ningún custe. Polo que os prezos das entradas son moi populares ou de baixo custe, só 15 euros por festival e cea con dereito a sorteo dunha paleta ibérica con táboa e coitelo, co número da entrada.

As entradas poden adquirirse na A.VV. de Vincios, no café Rañolas, na papelería Papilio, na librería Libraida, en Gondomar. Ou chamando aos teléfonos 986369189 e 679308833. Toda a semana estarán a venta así como entradas da "fila cero" para aqueles que desexen colaborar con un donativo e non vaian acudir ao espectáculo.