Inscricións abertas para curso monográfico de contacontos no OMIX Gondomar

Imprimir
casadacultura

Palabra, voz e xesto, son as tres ferramentas que os contacontos ben perfeccionando de xeración en xeración no deleite e mantemento da cultura oral do país. A Oficina de Xuventude de Gondomar ofrece a todos aqueles interesados neste arte eque teñan entre 18 e 40 anos, a participar dun curso monográfico que se impartirá en seis sesións formativas no mes de abril.

A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) do Concello de Gondomar abriu a inscrición para participar nun curso monográfico de contacontos. As clases desta nova oferta formativa da Concellería de Xuventude do Concello de Gondomar darán comezo o 31 de marzo. O resto de sesións desenvolveranse os días 1,7,8,14 e 15 de abril, sempre en horario de 18.00 a 20.30 horas. A matrícula é gratuíta.

A actividade está dirixida a mozos e mozas de entre 18 e 40 anos de idade, e o período de inscrición finalizará o vindeiro 28 de marzo. Máis información na OMIX de Gondomar, na Casa da Cultura, no teléfono 986 369 746 ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo