O 112 SOS Galicia estará as 24h dispoñible para avisar da presenza de animais mariños varados.

Imprimir
4428 animais mairños varados contabiliza a CEMMA dende 1990 nas costas galegas.

As costas de Galicia atópanse en plena tempada de chegada de varamentos de animais mariños. Por iso a Coordinadora para o Estudo dos Mamífero Mariños (CEMMA) fai un chamado á poboación para que comunique a presenza de calquera especie mariña viva varada nas praias. A organización fai fincapé nos lobos mariños e arroaces que poden acercarse á costa. O teléfono de emerxencias 112 SOS Galicia está dispoñible as 24 horas para dar aviso e a chamada é totalmente gratuíta.

“Coñécese como varamento o feito de que un animal mariño quede en seco na costa sen posibilidades de voltar ao mar polos seus propios medios”, explica a CEMMA. Dado o elevado número de este tipo de accidentes se dispón dunha unidade móbil en Nigrán que permite por en marcha en canto se recibe un aviso os protocolos de asistencia. “Cada minuto é importante para salvar a vida dun animal”, informa Alfredo López, presidente da CEMMA.

Durante o 2010 foron rexistrados varados na zona costeira que va dende o Baixo Miño a Ría de Vigo un total de 26 exemplares cetáceos, 1 tartaruga mariña común e 2 tartarugas de coiro, informou a CEMMA. A especie varada en maior frecuencia é o golfiño común con case da metade dos rexistros, agrega o informe.