Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A Asociación Avelaíña foi declarada Institución de Utilidade Pública pola Xunta de Galicia.

A Asociación Avelaíña foi declarada Institución de Utilidade Pública pola Xunta de Galicia.

Correo-e Imprimir PDF
nenos_Avelaia

A Asociación Avelaíña de axuda a persoas con problemas de saúde mental foi declarada de Utilidade Pública pola Xunta de Galicia. A declaración é un recoñecemento á labor desta entidade sen ánimo de lucro. Os beneficios fiscais derivados desta declaración serán importantes, facéndoos extensibles a aqueles que apoien á asociación economicamente, en materia de bonificacións e doazóns, que poderán ser desgravas no Imposto da Renda das Persoas Físicas. En concreto, os socios poden incluír as cotas pagadas á asociación Avelaíña, no apartado de doazóns e desgravar un 25% das cotas.

Así mesmo, calquera outro donativo realizado tanto por particulares como empresas, será susceptible de ser desgravado nos mesmos termos. Como consecuencia desto Avelaíña espera conseguir máis recursos que poida destinar a novos proxectos e á mellora continuada da calidade de vida de persoas con enfermidade mental e das súas familias. Neste sentido, o Xerente da Asociación, Rafael Álvarez, sinalou, que "Para nós supón unha satisfacción e impulso para continuar na nosa tarefa diaria, a favor das persoas afectadas pola enfermidade Mental".

A resolución deuse a coñecer o pasado 10 de decembro no Diario Oficial de Galicia, segundo a Orde de 16 de novembro de 2010, pola que se declaran de utilidade pública diversas asociacións inscritas nos rexistros de asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia.

A declaración de utilidade pública é un recoñecemento social ao labor que realizan as entidades sen ánimo de Lucro. Para obter este título é necesario cumprir unha serie de requisitos recollidos no artigo 32 da Lei Orgánica 1/2002 do 22 de marzo. En concreto, aquelas organizacións que solicitan o devandito recoñecemento, deben promover o interese xeral e dos seus asociados, entre outros.