A Deputación de Pontevedra anuncia un investimento de 800 mil euros co obxectivo de por en marcha proxecto Erasmus + Practicum Depo 2016 que permitirá a máis dun centenar de estudantes e cinco docentes de ciclos medios de formación profesional realizar prácticas en empresas e institucións estranxeiras.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra ven de aprobar o proxecto Erasmus + Practicum Depo 2016 para o que a Dirección do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) colaborará e permitirá a estudantes maiores destes ciclos, maiores de 18 anos achegarse a mercados laborais como o de Reino Unido, Irlanda, Italia, Malta, Portugal, Países Baixos e Finlandia.
Estas prácticas en empresas teñen unha duración de 196 días. Mediante estas prácticas, "a institución provincial pretende que as mozas e mozos teñan maiores facilidades de inserción laboral, a través da adquisición de novos contidos e competencias relacionadas coa súa profesión, ó tempo que coñecen a cultura do país de destino, melloran as competencias lingüísticas e completan os seus coñecementos", sinalan dende a institución trala aprobación do plan..
Aclaran que o Practicum Depo 2016 terá unha duración plurianual (2016-2018) de 24 meses durante os cales un centenar de mozas e mozos e 5 profesoras e profesores realizarán tres estadías do mesmo xeito que aconteceu coa edición do 2015. En concreto, a primeira mobilidade do programa
Practicum Depo 2015, xa de volta en Pontevedra, levou a un grupo de 40 alumnas e alumnos a realizar prácticas profesionais durante 6 meses en Reino Unido (Belfast) e Italia (Corigliano Calabro, Terranova de Sibari e Cori). Na segunda mobilidade, que se iniciou en abril de 2016, participan un total de 24 mozas e mozos e na última, que comezará en outono e que amplía as estadías a Finlandia e Francia, beneficiaranse 56 alumnas e alumnos.
Os participantes no proxecto reciben axudas económicas para a viaxe o seu destino, comprendidas entre os 275 e 360 euros, e de aloxamento, manutención e transporte local que van entre os 7.934 e 9.602 dependendo do destino e do período de estancia.