Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Vigo acollerá o acto de presentación de Somos Sindicalistas en Galicia

Vigo acollerá o acto de presentación de Somos Sindicalistas en Galicia

Correo-e Imprimir PDF
Huelga-lucha-marchas-dignidad-SOMOS-sindicalistas

Un sindicato crítico coas subvencións, que xa está funcionando a nivel de Estado e que a prensa identificou en numerosas ocasións como o "Sindicato de Podemos" organiza o seu primeiro acto público mañá en Vigo.

Podemos negou en reiteradas ocasións ser o promotor da iniciativa, aínda que houbo persoas dos seus círculos entre as que participaron nos primeiros pasos do colectivo a finais de 2014. En todo caso, Somos Sindicalistas comparte co partido de Pablo Iglesias un discurso renovador e crítico coa profesionalización da actividade pública.

Dende Somos Sindicalistas Galicia destacan como unha das súas bases "a non aceptación de subvencións privadas ou públicas e a non aceptación de membros liberados sindicais nas empresas".

As subvencións das administracións -as directas en función da súa representación e sobre todo as indirectas a cargo dos fondos de formación- son unha das principais fontes de financiamento de todas as principais centrais. Somos Sindicalistas rexeita este modelo e aposta por "financiarase a través das achegas dos sindicados ou as distintas actividades sindicais formativas".

Na súa opinión, os dirixentes de CCOO, UGT, CSIF representanse a si mesmos e non a clase traballadora, debido a que profesionalización da actividade sindical "alonxou a acción sindical dos traballadores que xa non se senten representados por ela, non son os seus representantes elixidos os que loitan, porque xa non traballan alí senón para o sindicato". Con este discurso crítico o novo sindicato xa gañou algunha elección, como as do Ministerio de Economía.

O de mañá será o primeiro acto público oficial, pero o colectivo leva meses a traballar no país. "Durante os meses previos e as primeiras semanas de constitución se levou a cabo unha intensa labor asemblearia de organización para poñer en marcha os servizos xurídicos necesarios, e as distintas seccións sindicais que van ser integradas na nosa organización sindical", explica a central nun comunicado.

A presetación será o mércores ao mediodía na Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao de Vigo.

Do medio colaborador Galicia Confidencial (AMEGA)