Venres, 22 Nov. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Economía Pase no IEM do filme "Con pés de cemento", unha historia do ladrillo no Val Miñor.

Pase no IEM do filme "Con pés de cemento", unha historia do ladrillo no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
protesta concello

Entre os anos 2007 e 2014 os documentalistas Juan Forti e mais Manuel Pedrosa fixeron un percorrido polo Val Miñor e contorna procurando respostas, pistas que axudaran a entender o fenómeno da "burbulla inmobiliaria" no país. Co eco das protestas que impediron a aprobación do PXOM especulativo de Nigrán de 2007; as resistencias aos intentos de abrir campos de golf e urbanizacións na Serra da Groba e as promesas de milleiros de empregos para levantar Porto do Molle; vai desenvolvéndose o relato do filme documental Con pés de cemento. Obra que teremos o pracer de presentar da man dos seus autores o vindeiro xoves 24 de setembro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, 10 baixo, Gondomar).

Sinopse dos autores

"Con peś de cemento recolle as voces que se opoñen a un sistema político económico e ideolóxico que fai prevalecer o lucro das grandes empresas sobre as necesidades máis básicas das persoas; prestando especial atención á dependencia da economía española coa produción de cemento.

O documentario arranca con entrevistas aos protagonistas dos movementos veciñais que se opuxeron a aprobacións de plans xerais corruptos, na etapa final da burbulla inmobiliaria. Seguindo este fío explora as causas e as consecuencias do despoboamento do rural, o sobredimensionamento dos infraestruturas e a necesidade dunha mudanza do noso xeito de organizar e xestionar o común".

Ficha

Título: Con pés de cemento.

Produción: Porlanfit producións.

Dirección: Juan Forti e Manuel Pedrosa Sánchez

Duración: 30 minutos