Sábado, 28 Jan. 2023

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Canais Economía Gondomar entrega distincións aos hostaleiros gañadores das Tapas do Conde.

Gondomar entrega distincións aos hostaleiros gañadores das Tapas do Conde.

Correo-e Imprimir PDF
premiadostpasconde

Este luns 21 de setembro tivo lugar a entrega de premios ás mellores tapas do concurso levado a cabo pola Concellería de Formación, emprego e dinamización económica, "As Tapas do Conde" que levouse a cabo nos días 28,29 e 30 de agosto.

Os premiados, resultado das votacións dos clientes, foron os seguintes:
Na categoría de Tapa salgada
 Primeiro premio para Tapería Restaurante Casa Celso coa tapa "Nido de pan recheo".
Segundo premio para A Quenlla coa tapa "Milhoja de cacheira con mazá".
Terceiro premio para Bar Gondomar coa tapa "Chocos na súa tinta con arroz".

Na categoría de Tapa doce
Primeiro premio para Restaurante La Vitrola coa tapa "Brancaneves no bosque".
Segundo premio para Tapería rural Ardora coa tapa "Pan duro con larpeirada".
Terceiro premio para Bocatería Yantar "Sorbete de limón ao cava"

Ao acto asistiron o Conde de Gondomar Gonzalo Fernández de Córdoba, o Concelleiro de Formación, emprego e dinamización económica Josué Villar, José González Vicepresidente da Asociación OVALMI e o alcalde de Gondomar Paco Ferreira.