A Asociación de Veciños " Castro e Ladeira " de Sabarís entrega ao Banco de Alimentos de Vigo co que colabora, preto de 150 kg. de comida non perecedoira.
A mesma é resultado da doazón dos asistentes ao " II festival solidario", organizado pola asociación na tarde- noite do sábado pasado, cunha gran asistencia e un entrañable ambiente solidario.
Desde a directiva da asociación, agradecen tanto aos asistentes pola súa participación e doazóns "que gratifican o noso traballo, como aos artistas invitados; Payaso popin e grupo Algarada pola súa participación desinteresada e o seu apoio para este evento".