Sábado, 28 Jan. 2023

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Canais Economía Milán e Bolonia completan as rutas propostas por Ryanair dende Vigo xunto con Dublín, Edimburgo e Barcelona

Milán e Bolonia completan as rutas propostas por Ryanair dende Vigo xunto con Dublín, Edimburgo e Barcelona

Correo-e Imprimir PDF
Ryanair

Dublín, Milán, Bolonia e Edimburgo. Estes serán os destinos europeos que ofrece Ryanair para o aeroporto vigués de Peinador, ao que se suma o destino nacional de Barcelona.

 

Se o concurso e as negociacións chegan a bó término (atópanse en plena fase de concurso público e pendentes de adxudicación dado Ryanair foi a única aerolínea que se presentou ao concurso convocado polo Concello de Vigo) a compañía irlandesa comezará a operar dende Peinador en Xaneiro de 2016 por un tempo mínimo de tres anos e 558.117 prazas, superando o máximo de prazas previstas no concurso que tamén establecía como mínimo un voo diario de ida e volta por detino, 6 días por semán.

A proposta económica de Ryanair foi finalmente de 4.477.000 €, que variou á baixa en 448.000€ do precio de licitación fixado inicialmente, sendo a única compañía que se presentou ao concurso público.

Dende diversas fontes sinalan que a adxudicación é cuestión de días, e todo parece encamiñado para que finalmente esta aerolínea de baixo coste opere dende Peinador.