Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Dublín e Edimburgo: os primeiros destinos europeos de Ryanair dende Vigo

Dublín e Edimburgo: os primeiros destinos europeos de Ryanair dende Vigo

Correo-e Imprimir PDF
Ryan-air-plane

A capital de Irlanda convértese no primeiro destino europeo de de Ryanair desde Vigo desvelado entre os catro destinos que a compañía irlandesa abrirá dende Vigo. Barcelona será o destino nacional elexido pola compañía.

A central da empresa irlandesa será o primeiro destino europeo, por tratarse dunha das bases con máis avións e destinos da aeroliña, sinalan. 

 

Engádese que ao tratarse dun destino con moita demanda e pouca competencia, axudará a que a ruta consolide bos resultados.

O seguinte destino europeo ainda non foi desvelado pero presumiblemente será Edimburgo (Escocia) segundo o acertixo lanzado na rede polo blog do Aeroporto vigués.

Falta aínda por desvelar cal vai ser o cuarto destino que anuncian farase público nuns días.