Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Comerciantes da Ramallosa e Concello celebran este sábado a súa segunda “Noite aberta e Outlet”.

Comerciantes da Ramallosa e Concello celebran este sábado a súa segunda “Noite aberta e Outlet”.

Correo-e Imprimir PDF
obsequio monho

Os establecementos da Ramallosa (Nigrán) permanecerán abertos ata a media noite e ofrecerán descontos e sorpresas aos seus clientes

O Pazo de Pías permanecerá aberto ás visitas e durante toda a xornada haberá concertos e animación infantil.

O Concello de Nigrán colaborará cos comerciantes de A Ramallosa para celebrar este sábado a súa segunda noite aberta e outlet. Máis dunha decena de tendas da zona interior ofrecerán aos seus clientes dende as 10 da mañá e ata a media noite descontos especiais durante todo o día, ademais de ofrecerlles bombóns ou champaña aos que se animen a entrar aos negocios, que levarán o escaparate ata a zona dos soportais.

Á iniciativa tamén se suman diferentes cafeterías e locais de tapas da zona ofrecendo un “pincho-pote”, é dicir, bebida e pincho especial elaborado para ese día a un prezo popular. Ademais, unha polbeira se situará entre Romana Baixa e Damas Apostólicas.O obxectivo da iniciativa é dinamizar o comercio, vender os excedentes de stock e, sobre todo, promocionar os locais comerciais e de restauración da zona, segundo sinalan dende o Concello de Nigrán.

Para animar aos máis cativos, entre 11.30 e 13.30 haberá un contacontos de 'Voltereta e Volvoreta', ademais dun inchable xigante durante todo o día. Por outra banda, de 20,15 a 21,00 haberá concerto da Escola de música de Mougás e a partir das 21.00 horas actuará o grupo de jazz xuvenil Jazz3Vigo.