Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Cursos de acompañante de transporte escolar e aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios. #Nigrán

Cursos de acompañante de transporte escolar e aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios. #Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
auditorio-nigran

Continua aberto o prazo de inscrición nos cursos  gratuítos de “Acompañante de transporte escolar” e “Aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios”.

Os curso están organizados pola Concellería de Turismo, Cultura, Xuventude e Igualdade do Concello de Nigrán a través da OMIX  e a Deputación de Pontevedra no marco de Programa Actívate 2015.

Están destinados prioritariamente a mozos e mozas de entre 16 e 35 anos empadroados en Nigrán inda que poderán participar persoas que non cumpran o requisito de idade ou empadroadas noutros concellos no caso de que a totalidade das prazas non fose cuberta. Os cursos son de balde.

As inscricións realizaranse ata o 10 de setembro no rexistro do Concello. Os cursos impartiranse nos meses de outubro e novembro.

Documentación: as persoas interesadas deberán cubrir a correspondente solicitude e  adxuntar unha fotocopia do DNI.

Máis información na OMIX, Estrada pola Vía nº 65, Panxón Nigrán, Tlf: 986 383081 correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo