Luns, 22 Jul. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Economía OVALMI outorgará premios a clientes e establecementos que participen das Tapa do Conde 2015.

OVALMI outorgará premios a clientes e establecementos que participen das Tapa do Conde 2015.

Correo-e Imprimir PDF
04

A Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor- OVALMI, coa colaboración da Concellería de Turismo do Concello de Gondomar, organizan estes días 28, 29 e 30 de agosto, a 3ª edición de "As Tapas do Conde".

Son dezaoito os establecementos de Gondomar que participan no evento, os cales optarán ao recoñecemento á mellor Tapa Conde 2015. Durante as tres xornadas, empezando o día 28 de agosto ás 13:00h, os asistentes poderán gozar de multitude de variedades de tapas, tanto doces como salgadas, a 2 euros a tapa.

Serán os propios consumidores os que decidan cal é a tapa gañadora, coa valoración realizada en cada consumición. O Premio á Mellor Tapa Conde 2015 será concedido a aquela tapa que consiga unha maior valoración.

Instrucións para participar nos sorteos
- Consumir en polo menos catro dos establecementos participantes, e ter selado o seu mapa polos respectivos establecementos.
- Unha vez teña todos os selos, deberá valorar cada unha de tapas consumidas do 1 (mal) ao 5 (excelente).

- Cubrir o apartado de datos persoais.

- Depositar o mapa nos buzones habilitados ao efecto, que se acharán en todos os establecementos participantes.
Premios
- 1 Noite de AD no Pazo da Escola
- 1 Noite na Casa Rural Cerdeira
- 1 Jamón Serrano Cava Selecto