Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Unha vintena de comercios da comarca inaugurarán o domingo a feira de oportunidades “Portobelo”.

Unha vintena de comercios da comarca inaugurarán o domingo a feira de oportunidades “Portobelo”.

Correo-e Imprimir PDF
compra-620x350

O Concello de Nigrán colabora coa asociación de Empresarios da comarca 'Ovalmi' para organizar este domingo a súa primeira feira de oportunidades, que se chama "Portobelo" e terá lugar de 11.00 a 22.00 horas no parque Torrente Ballester de A Ramallosa.


No evento participan máis dunha vintena de comercios da zona, que aproveitarán para sacar o seu stock á rúa e ofertar rebaixas e oportunidades directamente ao público. A feira contará cunha gran variedade de produtos á venda, xa que participan tendas de roupa e complementos, zapaterías, unha ferreteiría ou tendas de comida e perfumes. Ademais, haberá animación infantil con talleres de globoflexia e maquillaxe a cargo de Xerpa, no parque da Ramallosa, ás 11 horas.

Flota como poidas
Xa pola tarde, ás 18:00 horas, e con saída dende alí mesmo, será a terceira concentración de artefactos flotantes "Flota como poidas", organizado por Coemsa Sabarís, Ovalmi, o Club Piragüista Val Miñor e o Concello de Nigrán. Unha simpática iniciativa que consiste en chegar nunha embarcación cen por cen caseira e o máis orixinal posible ata a praia de A Ladeira.

Neste particular travesía o baremo que rexe non é a velocidade senón a orixinalidade, creatividade e bo ambiente das tripulacións participantes. As inscricións permanecerán abertas ata 2 horas antes do comezo da travesía para piraguas ou canoas, e poderán formalizarse a través do teléfono 686 484 812.