Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Comercios do Val Miñor ofrecerán este domingo artigos con descontos especiais na Ramallosa.

Comercios do Val Miñor ofrecerán este domingo artigos con descontos especiais na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
compras

-OVALMI organiza a primeira feira de oportunidades do Val Miñor

O próximo domingo día 2 de agosto, no paseo Torrente Ballester da Ramallosa, celebrarase a 1ª Feira de Oportunidades do Val Miñor. A iniciativa de OVALMI, o evento reunirá a máis de vinte comercios da bisbarra que ofertarán os seus saldos e produtos en eidos tan diversos como calzado, vestimenta, fogar, cosmética e informática entre outros. Todos eles, con grandes descontos, segundo sinala a web da organización.

 

"Portobelo", é o nome escollido por OVALMI para esta que contará con actividades de animación dende as 11 horas e permanecerá aberta ao público até as 10 da noite. A xornada conta co apoio do Concello de Nigrán, Xunta de Galicia.