Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Sindicato postal advirte de retrasos nas distribucións de Correos no verán por falla de persoal.

Sindicato postal advirte de retrasos nas distribucións de Correos no verán por falla de persoal.

Correo-e Imprimir PDF
2066101-CCOO insta a Correos Goberno e SEPI a rectificaren Version2

O sindicato alerta que a insuficiencia de persoal que sufre o ente provocará dende atrasos na entrega da correspondencia até deixar sen reparto diario á cidadanía na época estival. Afirman que Correos ten "un verdadeiro" problema de insuficiencia de persoal. Atranco acrecentado pola redución da contratación para verán, segundo os traballadores. Nese senso advirten que os efectos na interna do ente redundarán nunha sobrecarga de tarefas para os operarios, nalgúns casos de dimensións" inasumibles". Entenden os traballadores que todo isto implica un "claro incumplimiento do servizo postal universal público".

Denuncian ademais que a empresa pública está utilizando os contratos precarios e parciais para substituír postos estruturais de xornada completa. Aspecto que afecta tamén á calidade do servizo como ás condicións laborais.

Situación na provincia de Pontevedra

CCOO denunciou que os contratos para cubrir as vacacións de verán na provincia Pontevedra son claramente insuficientes, "unha mostra da nula xestión que está facendo o Goberno, Facenda e SEPI dos servizos públicos e poderían provocar atrasos na entrega e deixar a miles de cidadáns sen o seu reparto diario durante a época estival", denuncian.

O sindicato advertiu que a reivindicación non cesará ata que non se amplíe o persoal cun proceso de conversión de emprego eventual en fixo, incremento da taxa de reposición e aumento da retribución salarial.

Concentración en Compostela

Por iso o CCOO, sector maioritario no sector postal convoca a unha concentración en Santiago de Compostela o vindeiro xoves 25 de xuño ás 12 horas na Rúa do Franco. Acto que terá carácter reivindicativo, "para esixir o desbloqueo dunha negociación colectiva con cuxo enquistamento estanse vulnerando os dereitos dos 52.000 traballadores cun claro prexuízo aos cidadáns", sinalan os convocantes. Actos similares terán lugar nas provincias de Málaga, Valladolid, Ceuta e Melilla na mesma xornada.