Martes, 16 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Asemblea e manifestación de CCOO en defensa da industria na comarca de Vigo

Asemblea e manifestación de CCOO en defensa da industria na comarca de Vigo

Correo-e Imprimir PDF

A Federación de Industria de CCOO convoca unha asemblea aberta para este sábado, día 13 de decembro. Terá lugar ás 10:30 no Instituto Santa Irene de Vigo. Ao remate, ás 12 h, está prevista unha manifestación desde a praza de América ata a factoría de PSA Peugeot-Citroën.

A asemblea ten como obxectivo informar sobre a posición de CCOO no que atinxe á situación industrial en que se atopa o sector do automóbil na comarca tras o Plan de Competitividade 2015-2019 que presentou PSA. Tamén se exporán as conclusións das xuntanzas que mantivo o sindicato con diferentes colectivos e partidos políticos.
Ás 12 h partirá unha manifestación desde a praza de América ata a factoría que a multinacional francesa ten en Vigo co lema «esixe un futuro industrial para Vigo con emprego e con dereitos».