Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía #Nigrán: O PSOE absténse e UCN vota en contra a proposta orzamentaria presentada polo PP en comisión.

#Nigrán: O PSOE absténse e UCN vota en contra a proposta orzamentaria presentada polo PP en comisión.

Correo-e Imprimir PDF

O futuro do futuro económico do Concello de Nigrán aínda é incerto.

A proposta orzamentaria para 2014 que por un total de 12.808.767,52€  levou o goberno de Nigrán (PP) á comisión especial de contas acadou a abstención dos representantes do PSOE e o voto contrario do edil de UCN quen ocupou o lugar do grupo mixto. A pesar de que formalmente a mesma quedou aprobada, será o pleno da corporación quen tomará a decisión final. Instancia na que os populares non teñen maioría absoluta e deberán obter algún apoio extra ou que algún dos opositores se absteña.

Orzamentos Nigrán 2014:  Só se fixo público o destino do 7% do presuposto.

O alcalde Alberto Valverde gabouse días pasados en presentar unha proposta que supera en 250.000 euros os orzamentos de 2013. Mais até o de agora só fíxose público o destino de investimentos que  apenas representan o 7% dos 12.808.767,52€ cos que están dotados os orzamentos municipais para o próximo ano.

Dos datos coñecidos, as partidas repántense do seguinte xeito. Mantemento de estradas  239.000€; Saneamento 200.000€, Gasto social: 186.500€, Emprego 110.000€, Medio Ambiente 100.000€, Educación 62.199€, Promoción turística 50.000€ e Axudas a colectivos veciñais e culturais 40.000€.