Comerciantes de Gondomar alertan da presenza de dous timadores na zona co timo do "cambio"

Imprimir
Timo do cambio - imaxe: vm.info

Cambiar os billetes pode sair caro. Comerciantes de Gondomar ALERTAN da presenza de dúas persoas con acento do sur, que estarían perpetuando o coñecido como "timo do cambio".

O procedemento consistiría en facer unha compra de pequeno importe coa intención de pagar cun billete de maior valor para cambiar en billetes máis pequenos. Á hora de facer o pago xeneran confusión ao comerciante cambiando varias veces a forma de pago, de tal xeito que conseguen marchar cos cartos, coa compra alegando ir ao coche a buscar cambio.

O outro timo consistiría en solicitar unha consumición de pequeno importe. Os timadores pagan a consumición e solicitan á persoa que os atendeu que lles cambie varios billetes. Cando reciben o cambio alegan que o cambio non é correcto e tentan confundir ao dependente para que ceda a darlles os billetes que eles consideran.

Piden a colaboración cidadá para localizar a matrícula dun vehículo de cor escura.