Anunciase ocupacións nos centros de ensino do Val Miñor para este xoves 25 de abril.

Imprimir
marea negra

-Prográmanse peches nocturnos de docentes, alumnos e pais para o xoves 25 nos centros de ensino de Baiona, Gondomar e Nigrán organizados pola Coordinadora de Centros comarcal, encontra da LOMCE e os recortes orzamentarios ao ensino público.

-O mesmo día ás 17 horas, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público desenvolverá un peche con actividades culturais no IES Terra de Turonio de Gondomar.

O vindeiro xoves 25 de abril, a Marea Verde en defensa do ensino público que abrangue todo o estado español xuntarase coa xa consolidada Marea Negra do Val Miñor nunha xornada de protestas con peches que tomará os centros de ensino para rexeitar a reforma educativa (LOMCE) e os recortes orzamentarios da educación. Preto a unha decena de centros de primaria e secundaria agrupados na Coordinadora de Centros comarcal xa definiu formar parte da chamada "toma de centros". Outros tantos definirán accións en asembleas a desenvolverse no correr deste martes. No mesmo día, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, anuncia un peche con actos culturais e coloquios no IES Terra de Turonio de Gondomar.

Os peches programados pola Coordinadora de Centros do Val Miñor, terán lugar unha vez rematado o horario escolar, en quendas que serán dadas a coñecer no correr do día mércores. Segundo adiantaron dende o colectivo, os peches en primaria se farán xunto con pais e nais dos alumnos, mentres que en secundaria se unirán os estudantes maiores de idade.

No caso do peche coordinado pola Plataforma Galega no IES Terra de Turonio, xa está definido que comezará ás 17 horas e contará cun programa de coloquios e actos culturais que rematará sobre as 10 de mañá do día venres.