Convocatoria pública de emprego para 8 prazas de aux. de policía local en Nigrán

Imprimir
Nigrán convoca 8 prazas de auxiliares de policía local para este verán

O concello de Nigrán publicou o pasado 4 de abril no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria  de oferta de emprego para a selección de 8 prazas de auxiliar de policía local, con carácter de persoal laboral temporal por un período de tres meses, polo procedemento de oposición libre.

O tipo de contrato será laboral temporal por acumulación de tarefas e de 40 horas semanais cunha retribución mensual bruta de 1104,54 euros por tódolos conceptos incluídas as pagas extraordinarias prorrateadas.

Os requisitos: Ter máis de 18 anos e non ter cumpridos os 58 anos de idade. Titulación de ensinanza secundaria obrigatoria, graduado escolar ou equivalente. O prazo remata o próximo día  25 de abril

Para máis información e poder consultar a base da convocatoria se poden consultar no  BOP 04/04/2012  na páxina 19