Ollo aos correos electrónicos da "suposta" Axencia Tributaria

Imprimir
aeat pishing

A Axencia Estatal da Administración Tributaria comeza a campaña de declaración do IRPF do ano 2011 e nestes días comezan a cruzarse milleiros de mensaxes de información ao respecto.

A Policía Nacional advirte novamente de novos casos de fraude electrónico coñecidos como "pishing" no que os usuarios reciben correos suplantando a identidade de bancos, caixas, e neste caso da propia Axencia Tributaria.

A sinal de alerta foi comunicada polo Corpo Nacional de Policía de España, no que advirte á poboación do inicio da campaña de declaración do IRPF do exercicio anterior tamén resulta ser o comezo doutra "campaña de recaudación" pero neste dos ladróns informáticos. Estes ladróns están enviando emails facéndose pasar pola AEAT e co asunto da mensaxe "Mensajes de devolución de impuestos", no que envían unha ligazón que dirixe ao usuario a unha páxina web cun formulario electrónico onde solicitan os datos persoais das súas vítimas coa excusa de ofrecer unha cantidade de diñeiro en concepto de devolución.

A Policía advirte de que se trata dun fraude e advierten aos usuarios para que non faciliten ningún dato persoal  a organismos oficiais ou entidades bancarias mediante este medio. Resaltan que ningunha entidade ou organismo oficial solicita datos deste tipo a través de email ou formulario.

Se vostede foi vítima deste fraude ou outro similar porvía electrónica, debe acudir rápidamente a súa comisaría máis cercana para tramitar a súa denuncia.